DAMOSLLE VIDA A NOSA BIBLIOTECA!!
Á volta das merecidas vacacións de Semana Santa estreamos por fin a Biblioteca!! Abril é o mes de libro, e ademais o 2 de abril conmemórase o día mundial de concienciación co autismo. Por iso aproveitamos a ocasión para ler sobre a riqueza da diversidade e aprender sobre o autismo ou TEA ( trastorno do espectro autista). " Todos/as somos únicos/as", "Tod@s somos diferentes", "Non xulgar", "Respecto",.... foron algunhas das conclusións ás que chegamos durante os talleres que desenvolvimos para traballar neste eido
Aquí vos deixamos unhas fotiños dos talleres e uns cortos que vimos neste día
Ademais quedavos unha presentación sobre o autismo e mais links con vídeos / cortos que vos poden gustar e interesar
Agardamos que vos guste moito o noso traballo !!
Comentarios
Publicar un comentario