Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

O conto da semana📖 : Unha extraña visita 🤔

Imagen
          A extraña visita Despois de tanto tempo nas nosas casas hai moitas visitas pendentes que temos que facer e que nós van facer estos días  Desfrutade desas visitas e non vos olvidedes que que calquera dia podedes ter unha extraña visita  Deixovos este conto e espero que vos guste moito e Ollo que o final do vídeo hai unha actividade que facer por se vos animados  Moitas apertas e bicos e dinosaurio a tod@s                

PERSIGUE OS TEUS SOÑOS 🌈

Imagen
PERSIGUE OS TEUS SOÑOS!!! Nunca te esquezas que despois da choiva pode saír o arco da vella con toda unha chea de cores que ilumine tódolos teus soños  non deixes de soñar  como fixo Renato Nicanor, un  flamenco valente que pelexou ata conseguir o seu soño  Espero que vos guste este conto que escollín para vós  BOA FIN DE SEMANA E MIL BICOS E APERTAS DE DINOSAURIO O PAPALIBROS             

LETRAS GALEGAS 2020

Imagen
Boas!      Cómo estades nenas e nenos? e c omo están as vosa familias? Pensando, pensando... que o 17 de maio é o día das Letras Galegas e que nós non o imos poder festexar xuntos, ocurréuseme que poderiamos estar en contacto mediante o blog e a web do cole. Por iso deixo aquí para vós un vídeo moi sinxelo sobre Ricardo Carvalho Calero a quen conmemoramos este ano neste día. Espero que vos guste           E para que non esquezamos a honra de ser galegos... E un poema sobre a lingua Galega                                 E PARA REMATAR.... A NOSA CANCIÓN!!!            Feliz día das letras galegas!! Bicos e apertas de dinosaurio O Papalibros

DÍA DA FAMILIA 💞

Imagen
Hoxe é o día da familia e xa que nesta época pasamos moito tempo xuntos e temos que estar mais unidos que nunca déixovos este conto para que elaboremos todos xuntos unha receta coa que poidamos ser felices en familia  FELIZ DÍA DA FAMILIA A TOD@S!!          

Seguiremos valgando polo mundo!! 🌍

Imagen
Seguiremos valgando polo mundo!!! Meus queridos nen@s que tal estades???? Eu por aquí sigo valgando polo mundo e levando o noso cole a tódolos rincóns do planeta  Alá por onde vou me din que o noso cole ten unha biblioteca xenial e os mellores lectores do mundo é dicir... vós !!!  Aquí  vos deixo este vídeo das cousas que fixemos este ano na biblioteca e que seguiremos facendo cando volvamos ó noso cole   Os retos seguirán estando así que continuade axudándome, aínda que sexa desde a casa, para que  a nosa biblioteca non pare Moitas grazas por seguirme axudando  Moitos bicos e apertas de dinosaurio              

e ti de que conto vés sendo? 🔍

Imagen
  Reto do  papalibros   O papalibros mandouvos un reto polo día do libro! Houbo moitos que  participástedes e quedou moi chulo moitas grazas a tod@s!! O reto consistía en que tiñades que enviar unha foto disfrazados das personaxes dalgún conto e nós tiñamos que adiviñar de que conto se trataba... e fixéstedelo moi ben  Aquí vos deixo o vídeo das adiviñas e tamén unha Enquisa para ver cantos averiguades...  ATREVÉDESVOS? Moitos bicos e apertas de dinosaurio!!              ENQUISA      

23 de Abril: día do Libro 📚

Imagen
Día do libro  O xoves 23 de Abril foi o día do libro e este ano tivémolo que celebrar dun xeito moi diferente...desde as nosas casas pero como sempre respondestes o meu reto de papalibros e mandastes uns vídeos moi chulos recomendando libros que vos gustan e que queríades compartir cos vosos compañeiro@s e amig@s  Aquí vos deixo o vídeo que fixéstedes entre todos. Moitas gracias            

24 de Febreiro día de Rosalia! 🌹

Imagen
Día de Rosalía  O 24 de Febreiro foi o día da Nosa artista mais loitadora e galega, a Nosa queridísima Rosalía De Castro  Desde o cole queríamos adicarlle  un cachiño do noso cole e do noso corazón cun gran mural que fixemos entre todos para recordar un dos seus poemas  “Has de cantar” esperemos que vos guste como o fixemos!!                

Día da paz 2020 ☮️

Imagen
Día da paz 2020 Polo día da paz este ano no noso cole desde a biblioteca fixemos un mural cheo de flores de papel entre tod@s pedindo a paz no mundo enteiro para que non haxa máis fronteiras e todos nos axudemos para abrir as fronteiras con flores como canta Guadi Galego de quen  é a canción que escollemos este ano para musicar este día co fin de que usemos máis flores e menos fronteiras Esperemos que vos guste moito o noso vídeo.                

25 N

25 N Por esta data no cole fixemos varias cousas, entre elas un contacontos do libro “Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?” Anímate a lelo con este tráiler                                     Neste conto  a protagonista ensínanos que podemos ser o que nos dé a gana de ser e que ninguén nos pode dicir de que cor ou maneira temos que ser cada un de nós! Porque só nós temos que decidir como queremos ser  Por iso no noso cole decidimos inventar unha canción para que a protagonista e calquera de nós poidamos cantar sempre para dicirlle a todos que somos libres de ser como un arco da Vella