Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2017

Día das Bibliotecas

Imagen
Bo día a todos e todas! Hoxe é un día moi especial para todas as bibliotecas do mundo. É o noso día, o día grande das bibliotecas.  E como nos grandes días  tivemos programación especial. E que mellor forma de celebralo que presentando a todo o alumnado e profesorado do Centro  a nosa biblioteca e o obxectivo que nos propusemos  traballar este curso: os contos. E como en todas as festas... a cada persoa que durante o día de hoxe se pasase pola biblioteca se lle agasallaba cun marcapáxinas. Fixemos moitas máis actividades, como a entrega dos carnés de lector ós nenos e nenas de 1º,  a foto de familia coa nosa mascota Papalibros... pero non imos contarvos todo hoxe, teremos que deixar algo para os vindeiros días. Mentres tanto a ler moito que quen más le, más sabe.

Fotos da Biblioteca

Imagen
Zona de lectura  Zona Infantil Divulgación Zona de ordenadores
Imagen
Ola!!! Son o Papalibros, a mascota da biblioteca do CEIP Plurilingüe de Baño-Xanza e vivo nun precioso recuncho do Concello de Valga, na provincia de Pontevedra. Dende aquí tentarei contarvos todas as actividades que vaiamos facendo desde a nosa biblioteca escolar. Eu este curso estarei Valgando polo mundo enteiro na procura de información e aventuras, pero... iredes tendo novas miñas. Firmado o Papalibros