Día das Bibliotecas

Bo día a todos e todas!
Hoxe é un día moi especial para todas as bibliotecas do mundo.
É o noso día, o día grande das bibliotecas. 
E como nos grandes días  tivemos programación especial.
E que mellor forma de celebralo que presentando a todo o alumnado e profesorado do Centro 
a nosa biblioteca e o obxectivo que nos propusemos  traballar este curso: os contos.




E como en todas as festas... a cada persoa que durante o día de hoxe
se pasase pola biblioteca se lle agasallaba cun marcapáxinas.
Fixemos moitas máis actividades, como a entrega dos carnés de lector ós nenos e nenas de 1º, 
a foto de familia coa nosa mascota Papalibros... pero non imos contarvos todo hoxe, teremos que deixar algo para os vindeiros días.
Mentres tanto a ler moito que quen más le, más sabe.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Feliz 8M Día da Muller!!💜

DÍA DO LIBRO!!!!