DÍA DAS BIBLIOTECAS Comezamos o novo curso un pouco raros este ano pero a biblioteca quería estar con vós igual e que sentirades que os libros son Os que nos deixan voar e vivir aventuras sen sequera movernos da cadeira son capaces de mover montañas coma as da imaxe e por iso se vós non podeds vir á nosa biblioteca coma sempre, a biblioteca irña onda vós Papalibros tivo unha idea xenial as gabetas viaxeiras!!! Este ano comezamos cun proxecto de gabetas viaxeiras, unhas gabetas coloridas cheas de libros que se iran cambiando e que estarán nas clases durante todo o curso O papalibros enviou unha carta para repartir as gabetas polas clases xusto o mesmo día que celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES! Así os nenos acolleron estas gabetas, leron a carta do papalibors e tamén viron a curtametraxe dos LIBROS VOADORES! Ós nenos encantoulles a idea e ...