Entradas

FELIZ VERÁN RAPAZADA!!!

Imagen
                                         Chegaronme  unha morea de mensaxes  rapazada!!! e Tivestedes moita imaxinación pensando onde estiven todo este ano e por fin quería desvelarvos o meu segredo.... Estiven aquí e acolá, por mil e un lugar VALGANDO POLO MUNDO  e COIDANDO O MEDIOAMBIENTE  Foi un ano complicado e quedei moi contento de recibir os vosos vídeos e mensaxes e sobre todo mil debuxos e ideas que me fixeron rir un montón tedes moita imaxinación e iso é grazas ós libros da nsoa querida biblioteca  NON DEIXEDES DE LER E DE SEGUIR IMAXINANDO....  Aquí vos deixo un vídeo de todas as vosas ideas.... E un vídeo moi especial para todos vos cuidadevos moito!!! Agardo que vos guste un montón..... Por último, quería  desexarvos que pasedes moi bó veran e que sigades lendo xa que os libros son os nosos grandes compañeiros de viaxe Aquí vos deixamos unhas recomendacións  para este verán e que son algúns dos que usamos no noso último reto do BOOKFACE   

O RETO DO BOOKFACE

Imagen
  E Aquí deixamos o último reto do PAPALIBROS o noso personal BOOKFACE agardamos que vos guste moito porque nos divertímonos moito facendo nel  BICOS E APERTAS DE DINOSAURIO                

CREANDO HISTORIAS......

Imagen
 A rapazada de 5º B sacou a súa vena creativa para crear historias sobre o conto que descubrimos na nosa búsqueda do tesouro do día do libro  Aquí deixamos todas as historias que crearon estes artistas agardamos que vos gusten  Pinchade no nome dos creadores para ver o vídeo   BICOS E APERTAS    

Feliz día das LETRAS GALEGAS 2021!!

Imagen
  Hoxe imos celebrar o día das letras galegas o noso día!!! o día da nosa lingua e da nosa fala Este ano está adicado á Escritora e Poetisa lucense Xela Arias e desde o colexio coñecimos un pouco mais dela a través dun mural que se colgou no corredor feito polos nenos de infantil Desde a nosa Biblioteca queremos darlle visibilidades as súas obras e queremos amosarvos algunhas delas que temos no cole Desfrutade da súa obra e desta canción do autor  Samuel Soto Macía   FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

DÍA DO LIBRO!!!!

Imagen
    Desde a nosa biblioteca quixemos celebrar este gran día cunha búsqueda do tesouro e que maior tesouro que un libro?? Por iso na biblioteca os nosos nenos e nenas buscaron as pezas dun puzzle que lles levou a un magnífico conto que abrirá as súas mentes dando renda solta a súa imaxinación porque un libro é un lugar que nos leva a milleiros de lugares e aventuras  incrÍbles!!! Aquí vos deixamos as fotos da busqueda  e tamen un vídeo co conto que atopamos para que aflore a vosa imaxinación coas súas páxinas                                                         ESTE FOI O LIBRO ATOPADO!! ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E VOS ENCHA DE  IDEAS, SOÑOS E HISTORIAS  

DAMOSLLE VIDA A NOSA BIBLIOTECA!!

Imagen
    Á volta das merecidas vacacións de Semana Santa estreamos por fin a Biblioteca!! Abril é o mes de libro, e ademais o 2 de abril conmemórase o día mundial de concienciación co autismo.  Por iso aproveitamos a ocasión para ler sobre a riqueza da diversidade e aprender sobre o autismo ou TEA ( trastorno do espectro autista). " Todos/as somos únicos/as", "Tod@s somos diferentes", "Non xulgar", "Respecto" ,.... foron algunhas das conclusións ás que chegamos durante os talleres que desenvolvimos para traballar neste eido Aquí vos deixamos unhas fotiños dos talleres e uns cortos que vimos neste día Ademais quedavos unha presentación sobre o autismo e mais links con vídeos / cortos que vos poden gustar e interesar Agardamos que vos guste moito o noso traballo !!    

Feliz 8M Día da Muller!!💜

Imagen
  Para celebrar este día desde a biblioteca recomendamos este conto que fala do importante que foi este día para todos o día no que as Mulleres puideron ser o que quixeron ser                          Feliz día da Muller!!