DAMOSLLE VIDA A NOSA BIBLIOTECA!!

 

 

Á volta das merecidas vacacións de Semana Santa estreamos por fin a Biblioteca!! Abril é o mes de libro, e ademais o 2 de abril conmemórase o día mundial de concienciación co autismo.  Por iso aproveitamos a ocasión para ler sobre a riqueza da diversidade e aprender sobre o autismo ou TEA ( trastorno do espectro autista). " Todos/as somos únicos/as", "Tod@s somos diferentes", "Non xulgar", "Respecto",.... foron algunhas das conclusións ás que chegamos durante os talleres que desenvolvimos para traballar neste eido

Aquí vos deixamos unhas fotiños dos talleres e uns cortos que vimos neste día

Ademais quedavos unha presentación sobre o autismo e mais links con vídeos / cortos que vos poden gustar e interesar

Agardamos que vos guste moito o noso traballo !!

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Feliz 8M Día da Muller!!💜

DÍA DO LIBRO!!!!